Oficina cambio climático

Segundo informa o goberno municipal as funcións da oficina contra o cambio climático serán o asesoramento cidadá, a implantación da rede de enerxía sostible e o apoio ao chamado pacto dos alcaldes para reducir un 20% as emisións de CO2 antes do 2020.

Esquerda Unida amosa a súa satisfacción porque o concello cree a oficina contra o cambio climático, unha iniciativa que EU levaba no seu programa das municipais do 2011 e que ven defendendo dende fai anos para promover a eficiencia enerxética entre veciñanza e empresas mediante asesoramento, formación e divulgación do aforro enerxético. Asemade de converterse na ferramenta encargada de coordinar e avaliar aos entes municipais involucrados e de difundir e concienciar a cidadanía ante a crise medioambiental e enerxética, porque non cabe dúbida que con estas medidas asemade de reactivar a economía local, serviría de importante pulo a loita contra o cambio climático. Xa que logo, propoñemos que seña dende esta propia oficina onde se cree un órgano encargado de emitir informe e avaliar a sustentabilidade de todas as contratacións do concello, tanto de bens como de servizos, ao igual que acontece cos informes técnicos, xurídicos ou da intervención. Asemade EU aposta porque esta oficina seña a encargada de facilitar a Transición Enerxética cara a etapa postpetroleo, incrementando a resilencia enerxética de empresas e veciñanza para evitar unha experiencia traumática diante dun escenario de escaseza e alto prezo do petróleo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que en xaneiro deste ano instou ao goberno local a crear a dita oficina xunto coa Empresa Municipal de Enerxías Renovables dentro da estratexia de promoción das enerxías alternativas e a loita contra o cambio climático na procura de autoabastecer aos servizos municipais e promover a autoprodución de enerxías renovables entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das eléctricas, grandes empresas multinacionais que apesares de obter enormes beneficios non paran de incrementar a tarifa eléctrica afogando as familias traballadoras e a empresas que xa se atopan nunha situación límite como demostra a degradación do noso tecido produtivo. A devandita empresa podería ser un Ente autóctono o ser unha división de EMVSA.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “esperemos que esta iniciativa non seña un novo brinde ao sol do goberno municipal, estaremos vixiantes do seu funcionamento, en todo caso aínda que é o goberno municipal perdese preto de dous anos, saudamos a iniciativa e amosamos a nosa colaboración a participares no proxecto dunha maneira construtiva, porque creemos que temos moito que achegar neste campo, non en vano somos os pioneiros en defender este tipo de medidas no eido municipal, e estamos a desenvolver unha campaña de concienciación mediante os chamados luns didácticos onde queremos amosar as posibilidades que existen dende o eido do local para promover o cambio do modelo produtivo e apostar pola economía verde e un modo de vida sostible”.

 

Relacionados