Oficina cambio climático

Esquerda Unida amosa a súa satisfacción porque o concello cree a oficina contra o cambio climático, unha iniciativa que EU levaba no seu programa das municipais do 2011 e que vén defendendo dende fai anos para promover a eficiencia enerxética entre veciñanza e empresas mediante asesoramento, formación e divulgación do aforro enerxético. Asemade de converterse na ferramenta encargada de coordinar e avaliar aos entes municipais involucrados e de difundir e concienciar a cidadanía ante a crise medioambiental e enerxética, porque non cabe dúbida que con estas medidas asemade de reactivar a economía local, serviría de importante pulo a loita contra o cambio climático. Asemade EU aposta porque esta oficina seña a encargada de facilitar a Transición Enerxética cara a etapa postpetroleo, incrementando a resilencia enerxética de empresas e veciñanza para evitar unha experiencia traumática nun escenario de escaseza e alto prezo do petróleo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que en xaneiro deste ano instou ao goberno local a crear a dita oficina xunto coa Empresa Municipal de Enerxías Renovables dentro da estratexia de promoción das enerxías alternativas e a loita contra o cambio climático na procura de autoabastecer aos servizos municipais e promover a autoprodución de enerxías renovables entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das eléctricas, grandes empresas multinacionais que apesares de obter enormes beneficios non paran de incrementar a tarifa eléctrica afogando as familias traballadoras e a empresas que xa se atopan nunha situación límite como demostra a degradación do noso tecido produtivo. A devandita empresa podería ser un Ente autóctono o ser unha división de EMVSA.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “aínda que é o goberno municipal perdese preto de dous anos, saudamos a iniciativa e amosamos a nosa colaboración a participarmos no proxecto dunha maneira construtiva, porque cremos que temos moito que achegar neste campo, non en vano somos os pioneiros en defender este tipo de medidas no eido municipal, e estamos a desenvolver unha campaña de concienciación mediante os chamados luns didácticos onde queremos amosar as posibilidades que existen dende o eido do local para promover o cambio do modelo produtivo e apostar pola economía verde e un modo de vida sostible”.

Relacionados