Oposición somos tres

 

Esquerda Unida recorda ao Goberno local que a oposición está formada por tres forzas políticas con distintos programas, ideas, actitudes e pasado. Así, mentres se sigan a realizar este tipo de afirmacións xeneralistas estarase a faltar a realidade e a confundir a opinión pública e desvirtuar a vida democrática coruñesa.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno coruñés que especifique a que grupo político se dirixe cando fala de “oposición” e abandone a súa estratexia de restar personalidade a cada un dos grupos municipais que forman parte da oposición.

 

César Santiso, indicou “EU-V está a desenvolver unha oposición leal, constructiva, ética e conciliadora, situando as persoas no eixo da política, porque o que nos importa é o benestar da veciñanza. Non estamos a facer causas partidistas, nin demagoxia, asemade si que estamos a respetar os 100 días de Goberno por cortesía, porque nos entendemos que outra política é posíbel”.

 

Santiso sentenciou “semella que o PP pretende facer un 3×1”.

Relacionados