Ordenanza de Rehabilitación

 

Aínda que consideramos correcta a intención de reunificar nun único corpo normativo o texto da ordenanza anterior e das distintas modificacións sufridas, opoñémonos a que os beneficiarios de axudas para rehabilitar locais comerciais non teñan límite de renda.

 

Xa que logo, Esquerda Unida considera que a nova ordenanza de rehabilitación favorece aos rentistas. Tampouco aceptamos que un propietario de varias vivendas en réxime de aluguer poda beneficiarse das axudas escudándose en que os inquilinos dos seus pisos son mais humildes e non os superan.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia falta de transparencia na ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles aprobada inicialmente no pleno.

 

Por unha banda consideramos desproporcionada a cantidade de documentación que os inquilinos teñen que achegar para denunciar o mal estado dunha vivenda, no que semella unha estrataxema para defender aos rentistas a costa da indefensión dos seus inquilinos.

 

Por outra banda, a ordenanza regula a publicación dos resultados da avaliación de solicitudes no taboleiro de anuncios do Concello, en lugar de obrigar a facelo na web municipal que é o lugar ao que a veciñanza ten máis fácil e cómodo o acceso. Esta decisión é inconcibíbel en pleno século XXI a no ser que se pretenda ocultar a información a cidadanía. O PP saberá porqué non propón o nivel de transparencia que esixe a cidadanía.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “votamos en contra porque rexeitamos que os que máis teñen se beneficien dun incremento patrimonial a costa do erario público, que paguen a rehabilitación do seu propio peto e non dos traballadores e traballadoras que ademais lle están a pagar un aluguer”.

 

César Santiso rematou afirmando “en definitiva semella que esta ordenanza é un exemplo que ilustra perfectamente a diferenza entre unha dereita que favorece aos rentistas e aos especuladores e unha esquerda que defende as familias traballadoras”.

Relacionados