Ordenanza de terrazas

Esquerda Unida considera un atraco a cidadanía a Ordenanza de Terrazas aprobada polo goberno municipal a golpe de maioría, xa que non conxuga de maneira equitativa os intereses da veciñanza cos do sector hostaleiro en canto a xestión do espazo público ao non garantir o uso e goce colectivo. Xa que logo, non respecta o principio de espazo de convivencia de todos e todas porque é moito máis permisiva que a anterior, ao permitir a ocupación de mais espazo público, si antes o ancho mínimo das beirarrúas era de 3 m. agora é de 2,5 e excepcionalmente 2,3. Nas rúas peonís en prazas antes o paso mínimo era de 3,5 e no se podía ocupar máis do 20% de anchura agora é de 3 m. e se pode ocupar até a metade do ancho. Asemade permite a instalación de terrazas a pubs e incluso de maneira excepcional a discotecas e outras instalacións como hoteis ou cines.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que o goberno local amosa o seu desprezo á cidadanía cando rexeita outorgarlle capacidade de decisión nas excepcionalidades da norma para ocupar espazo público preto da súa vivenda. Non é de recibo que rexeite dar voz aos veciños nas excepcionalidades da norma argumentando que ralentizará a concesión dos permisos. No seu propio argumento amosa que ten pensado masificar as excepcionalidades, é dicir que cando redactou a norma o seu interese era implantar a arbitrariedade para conceder permisos ao seu entoxo, favorecendo aos empresarios amigos. Unha vez máis observamos como pretende tecer unha rede clientelar ao máis puro estilo franquista.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “no primeiro momento que teñamos capacidade de influencia, comprometémonos a promover a modificación da ordenanza para que a veciñanza decida si quere unha terraza nun pub ou discoteca preto da súa casa”.

César Santiso salientou que “semella patético que o PP presente esta norma como a do consenso e a participación, cando obvia as alegacións da veciñanza e falta ao respecto á oposición”

Relacionados