Por outra banda, cada vez son máis as familias traballadoras nas que un dos seus membros perde o seu posto de traballo, pasando a unidade familiar grandes dificultades, incluso para manter a súa vivenda.
A dita situación obriga aos poderes públicos a actuar con rapidez e contundencia para manter a cohesión social, neste sentido saudamos a iniciativa dos servizos sociais do Concello da Coruña que, en resposta as nosas chamadas á reacción institucional logo do incremento de persoas en risco de exclusión social na nosa cidade, propoñen incrementar as axudas para emerxencia social ao tempo que resolven unha eiva existente nas anteriores ordenanzas, que de maneira incongruente incorporaban unha axuda menor para a subsistencia, cuxo fin é cubrir as necesidades básicas para a vida como alimentación, vestiario, aloxamento, ou gastos sanitarios que para outros conceptos, aínda que importantes non vitais.
O grupo municipal de Esquerda Unida – os Verdes apesares de valorar positivamente as modificacións presentadas a instancias dos servizos sociais, considera que poden e deben ser mellorábeis no eido dos requisitos para que máis persoas necesitadas poidan acceder as devanditas axudas.
Esquerda Unida presenta un voto particular ao ditame da comisión de servizos sociais para mellorar a ordenanza de emerxencia social e avanzares na xustiza social. Voto que transcribimos literalmente:
“Compartimos a necesidade de modificar o Artigo 11 da Ordenanza para darlle maior coherencia normativa, xa que a confusa redacción do texto actual, non so induce a erro senón que se presta a interpretacións subxectivas e, xa que logo, arbitrarias. Por outra banda tamén coincidimos na necesidade de actualizar os criterios para o acceso as axudas desta ordenanza para adecualos a realidade actual. Con todo, consideramos que estes criterios son susceptíbeis de mellora para avanzares, aínda máis, no principio de xustiza social no que sempre incide Esquerda Unida – Os Verdes. Quedando o texto así:
Indicador económico. Su cumplimiento será requisito de acceso a las ayudas reguladas en esta Ordenanza. En él se valorará la capacidad económica de la unidad de convivencia, definiendo esta como la suma de los ingresos de la unidad familiar en base a certificaciones de renta emitidas por la Agencia Tributaria, dividida por el número de miembros de la unidad familiar, según la definición contenida en la legislación vigente en relación con el impuesto de la Renta de las Personas Físicas, y después de reducir el importe de la hipoteca o alquiler de vivienda, hasta un máximo del 50% del Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM). Dicha capacidad económica de la persona beneficiaria de la ayuda no podrá ser superior al importe anual del IPREM que se fije cada año.”
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “unha vez máis achegamos o noso esforzo para acadar unha normativa máis xusta a prol das familias traballadoras e os máis necesitados. Polo ben da veciñanza, esperamos que os distintos grupos municipais apoien a nosa iniciativa como xa sucedera na aprobación das ordenanzas fiscais”.