Ordenanza sobre terrazas

Antonte publicouse no BOP a aprobación inicial da nova ordenanza municipal reguladora de terrazas en espacios públicos que se aprobou no Pleno do pasado día 4 coa abstención de Esquerda Unida. Xa que logo dende onte, e durante 30 días hábiles, atópase en exposición pública para que a veciñanza presente alegacións.

Esquerda Unida inicia unha campaña de información e participación cidadá sobre a ordenanza de terrazas, debido a que é unha normativa cun grande impacto na calidade de vida dos coruñeses e coruñesas, non so porque regula a ocupación de espazo público, senón polos ruídos e molestias que a actividade pode producir á veciñanza. A proposta de ordenanza do PP é moito máis permisiva que a anterior, permite a ocupación de mais espazo público, si antes o ancho mínimo das beirarrúas era de 3 m. agora é de 2,5 e excepcionalmente 2,3. Nas rúas peonís en prazas antes o paso mínimo era de 3,5 e no se podía ocupar máis do 20% de anchura agora é de 3 m. e se pode ocupar até a metade do ancho. Asemade permite a instalación de terrazas a pubs e incluso de maneira excepcional a discotecas e outras instalacións como hoteis ou cines.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza ten moito que dicir en relación coa normativa de terrazas, si o goberno municipal non desenvolve os mecanismos de participación necesaria, seremos nós os que traslademos a voz da cidadanía ao pleno”, Aínda que compartimos a necesidade de acadar un marco normativo máis flexible que permita maior posibilidade do desenvolvemento da actividade hostaleira, non temos tan claro que esta nova ordenanza conxugue de maneira equitativa os intereses do sector coas necesidades da veciñanza en canto a xestión do espazo público, entendido este como un espazo de convivencia de todos e todas, onde o uso e goce colectivo este asegurado. Neste sentido consideramos fundamental a creación dun auténtico órgano de control no que teña cabida, ademais do goberno municipal, a representación veciñal, o sector da hostalaría, as persoas con minusvalía, cada grupo municipal da oposición, o colexio de arquitectos e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes desenvolvera durante un mes un intenso calendario de xuntanzas coas asociacións veciñais para recoller suxestións de cara a presentar ás alegacións á ordenanza que recollan o mínimo común múltiplo das demandas da cidadanía do común. Esta labor xa comezou coa entrega dun dossier informativo que incorpora a ordenanza municipal e uns documentos resumo explicativos e comparativas coa anterior ordenanza en canto a horarios, espazos públicos a utilizar e réxime sancionador. Dossier que xa recibiu practicamente a totalidade de AAVV. As xuntanzas comezaran coas Federacións Veciñais.

 

Relacionados