Ordenanzas fisicais

 

Políticas que sexan quen de fornecer unha axeitada redistribución social nun tempo onde a crise segue a azoutar e todos os esforzos caen no lombo das clases traballadoras e populares.

 

 “Non todos os veciños e veciñas son iguais en canto a renda e patrimonio e polo tanto nunha situación de crise toca especialmente facer  un reparto progresivo da carga impositiva, somentes deste xeito avanzaremos no eido da xustiza e evitaremos as actuais discriminacións”, salientou Yolanda Díaz ao respecto desta cuestión. A Voceira de EU sinalou que tamén nas taxas e tributos municipais hai posibilidades para desenvolver unha fiscalidade progresiva, ou o que é o mesmo, que paguen máis os que máis teñen e que agora apenas están a pagar, a causa dunha fiscalidade plana e do inaceptable fraude fiscal.

 

 Esquerda Unida vai defender que en modo algún se suban os impostos á maioría social traballadora da cidade, que xa está a afrontar o fundamental dos custos dunha crise provocada polo capital.

 

 

A  garantía de contar cos recursos necesarios para avanzar cara a unha plena protección social constitúe o  obxectivo a acadar cunha reforma das ordenanzas fiscais que afonde na capacidade do concello para  financiar os servizos e prestacións sociais que a cidadanía ferrolá reclama cando non se albisca por ningures a saída da crise, e se acumulan medidas regresivas e que inciden desfavorablemente sobre as clases traballadoras e populares da nosa cidade.

 

Progresividade e redistribución social son os eixos directores das medidas que EU presentará para mellorar as ordenanzas fiscais: o aprazamento suficiente para as persoas en paro ou con ingresos inferiores ao SMI, a paulatina introdución de progresividade en todas as figuras impositivas susceptibles delo; ou o combate fronte a especulación inmobiliaria en Ferrol, coa efectiva aplicación da ordenanza de soares – impulsada por EU – e do gravame extraodinario do IBI para o puñado de especuladores que amorean títulos de propiedade na Magdalena contra calquera utilidade social das vivendas en cuestión;  Esquerda Unida será inflexible na procura de que esa pequena fracción da sociedade que máis cartos e patrimonio teña contribúa de xeito progresivo segundo recolle a Constitución do 78.

 

Queremos significar tamén a nosa preocupación polos contidos do plan de axuste que anuncia o Goberno, medidas que de seren semellantes ás que o Partido Popular está a desenvolver de Madrid a Castela A Mancha, pasando pola Xunta, van supor un risco certo para o xa feble conxunto de servizos públicos que se prestan dende o concello. 

Relacionados