Orzamento alternativo

 

ESQUERDA UNIDA deu comezo hoxe á redacción e estudo dun orzamento alternativo ao presentado por Abel Caballero, orzamento que pretende presentar á colectivos sociais da cidade seguindo a súa aposta pola incorporación de orzamentos participativos, fórmula que a esquerda ten que defender nas institucións públicas.

 

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez adiantou que á proposta inicial que EU trasladará á cidadanía e modificar sustancialmente ás partidas referentes a GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVICIOS e incrementando as partidas de ingresos mediante creación de novas tasas ás entidades bancarias e as empresas de telefonía móvil. Igualmente EU pretende reorganizar as partidas referentes a contratación de servicios externos mediante o artellamento de recursos propios do concello en base a unha redefinición das partidas adicadas na proposta do PSOE a humanizacións.

 

EU elaborará unha proposta inicial para posteriormente  discutila en asembleas públicas abertas e con organizacións sociais, sindicais, culturais, etc… da cidade.EU considera que a previsión de ingresos do Concello en base a multas, ao incremento do 13,8% do IBI e mediante outros impostos directos e indirectos é socialmente inxusta, polo que pide que se artellen políticas recaudadoras en base ao criterio “quen máis ten máis pague” priorizarando o ingreso de tributos procedentes das entidades financeiras (uso de vía pública cos caixeiros cara á rúa, ou do uso do espacio radioeléctrico e as antenas de telefonía).

Relacionados