Orzamento irracional

Esquerda Unida considera que os orzamentos do 2014, centrados en festexos e turismo, condenaran A Coruña á vulgaridade e á pobreza ao consagrar “el futuro que queremos” á política das pandeiretas e do pan e circo. Negreira e o Partido Popular manteñen unha miope visión económica baseada nun modelo produtivo caduco, obsoleto e trasnochado cuxos alicerces son a construción, os festexos e o turismo. Apostar para saír da crise por promover os mesmos sectores que nos levaron a situación actual semella de unha torpeza sen precedentes. Así o PP incrementa para 2014 un terzo as actividades do Consorcio de Turismo, que xa estaban sobredimensionadas en comparación ao adicado a sector produtivo, TIC, I+D+i ou economía verde, actividades que acreditan maior retorno e futuro para a nosa cidade.

O grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que en tódolos orzamentos o PP só executa ao 100% os festexos. En 2012 o Goberno municipal gastou 14.300 € diarios en “trompetas” para Pantojas, Osbornes e Arévalos. Ese gasto en 2013 converteuse xa en 17.260 € e non dubidamos de que en 2014 pode chegar aos 20.000 €. Mentres que apenas executa outras así no ultimo exercicio pechado, o 2012, observamos como o Concello gastou unicamente a metade do orzamentado para desenvolvemento empresarial, vivenda, medio ambiente e protección do patrimonio. Ou como o gasto en servizos sociais se reducía en máis de 5.000.000 € no mesmo período.

O voceiro de EU-V, César Santiso afirma que “resulta indignante que o goberno municipal tarde máis de 50 horas en entregar á oposición os acordos da xunta de goberno, así a oposición non recibiu os orzamentos até as 14:30 h. Do luns cando a xunta de goberno desenvolveuse o sábado.

Asemade César Santiso indicou que “Coruña precisa oportunidades para crecer todos pero Negreira ofrece millóns para uns e beneficencia para o resto”. Para crecer precisamos poñer cerco á corrupción e cambiar o modelo produtivo. A política do PP resúmese na promoción da desigualdade, sen un plan específico de crecemento de emprego sostible. O alcalde está “centrado” en ofrecer grandes contratos ás grandes promotoras e circo para os demais.

Relacionados