A vicevoceira do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, asegurou tras a comparecencia do Secretario Xeral de Presidencia que os membros do goberno de Núñez Feijoo deben ter o libro de cabeceira de Jonathan Swift ‘El arte de la mentira política’ porque mentir semella ser o único que saben facer.
Yolanda Díaz suliñou, durante a súa intervención, que nos atopamos diante dun orzamento que supón un duro golpe contra as políticas, xa de por si minguadas, de migracións, turismo e deporte. Estamos diante dun orzamento contracíclico, que non permitirá que saiamos da chamada crise, e que non permitirá a creación de emprego”.
No relativo a Secretaría Xeral de Medios, a vicevoceira destacou o feito de que na memoria orzamentaria relativa á Secretaría xeral de Medios de Comunicación plantea dous programas de interese fundamental para Galicia. Por unha banda o apoio aos medios de comunicación a través de proxectos que estimulen o uso da lingua galega, e por outra, o coñecemento e difusión de Galicia e das súas institucións. “O primeiro dos obxectivos semella cando menos unha broma para a historia deste país, cando son vostedes o único goberno do mundo que atenta directa e activamente contra a nosa lingua e a nosa cultura” explicou Yolanda Díaz que engadíu que desde o goberno da Xunta de Galicia “estanse a practicar políticas de desleixo e aldraxe frente ao noso patrimonio fundamental que é a lingua galega, e mesmo , en tempos de crise, permítense o luxo de gastar recursos públicos en contenciosos para defenderen a ilegalidade”. Así mesmo, destacou que “debe ser unha broma” xa que “na súa primeira lexislatura en Galicia, como consecuencia da súa xestión desapareceron deste país os escasos medios de comunicación existentes en galego”.
O segundo obxectivo, relativo a promocionar o coñecemento de Galicia e ás súas institucións “semella igualmente, una enorme falsedade pois todos os recursos públicos consignados no orzamento, adícanse directamente á promoción publicitaria do goberno do PP e os seus altos cargos convertindo esta Secretaría nunha axencia opaca para a cidadanía que sirve a intereses espúreos que nada teñen que ver cos obxectivos previstos”.
A vicevoceira do grupo parlamentario de Alternativa no apartado referido a RTVG explicou que o ideario económico “de corte ultraliberal desmantelando o estado social e de benestar ten que vir acompañado dunha potente maquinaria comunicacional como é a RTVG, nunha enorme vietnamita propagandística para defender a súa ideoloxía”. Díaz suliñou que o PP dispón de 96 millóns de euros (reducen so 3 millóns) para que unha maquinaria potente difunda a súa menxase “tal e como fixo por exemplo con aquela histórica comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia relativa a PEMEX e agora coñecemos a verdade”, asunto polo que asegurou “alguén debería dimitir e asumir responsabilidades por engañar a cidadanía galega”. Por último, Díaz acusou ao PP de “comprar a información aos medios de comunicación privados, para que falen ben de vostedes”.
En materia de política migratoria a vicevoceira do Grupo Parlamentario asegurou que “a verdadeira política migratoria que coñecen é a expulsión dos pobres de Galicia”. Referíndose a Memoria da Secretaría Xeral na que se di que hai dificultades para desenvolver estas políticas por mor da diversidade de países de orixe, algo que Yolanda Díaz calificou como “rigurosamente falso” xa que “as únicas dificultades que teñen os señores. do PP é a ideoloxica xa que son os pobres do mundo e eses non son os seus afiliados”.
En canto a Secretaría Xeral de Deportes supón “o fracaso doutra xestión no que atinxe ao deporte de base, a prevención e educación saudable” xa que como indicou a vicevoceira e se recolle na memoria o 65,5 por cento dos maiores de 18 anos non practican deporte e, ainda máis grave, o 82 por cento da nenez non practica ningún deporte. E nestes orzamentos ademáis a partida orzamentaria redúcese nun 12 por cento.
Por último, no relativo a Secretaría Xeral de Turismo, Yolanda Díaz denunciou a reducción dun 28,7 por cento desaparencendo as liñas de axudas directas que ían destinadas aos concellos por importe de 2 millóns de euros e aos operadores turísticos, tamén por importe de 2 millóns e denunciou asi mesmo que “existen duplicidades de xestión: concellos, na Xunta, nos chiringuitos da Xunta e mesmo nas deputacións provinciais”.
“Pero a preocupación” destacou a vicevoceira do Grupo Parlamentario “reside no modelo turístico que semellan defender baseado na promoción do Monte Gaiás, para continuar argumentando a necesidade de gastar cartos públicos no mausoleo Fraga”.