Esquerda unida

Orzamentos concello de Vigo

Esquerda Unida Vigo anunciou hoxe en boca do seu coordenador local a presentación de novo de alegacións e propostas de modificación de partidas significativas dos orzamentos aprobados no pleno do Concello de Vigo. Esquerda Unida considera que os recursos do PLAN DE EMPREGO están sendo repartidos mediante empregos suscritos a convenios sen garantía de publicidade e igualdade de opción. Esquerda Unida considera que neste contexto, o BNG está sendo un títere do alcalde a cambio de migallas neste reparto de recursos públicos.

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera un suicidio orzamentario consignar de novo créditos bancarios e elevar ostensiblemente a débeda municipal en tempos nos que outras fontes de ingresos municipais corren risgo de mermar (transferencias de outras administracións, recadación tributaria…) e considera significativo que Abel Caballero no marco da FEMP pelexe máis porque os grandes concellos teñan máis capacidade de endebedamento que, dacordo coa demanda histórica da institución, loitar pola maior participación na recadación total tributaria das administracións locais.

Esquerda Unida valora como preocupantes as políticas que o alcalde suliña surrealistamente como “keynesianas” xa que a maior parte dos recursos non repercuten no emprego senón na conta de resultados de empresas construtoras. Non aparecen por ningún lado as cifras de emprego aludidas polo alcalde. Esquerda Unida segue apostando por unha empresa MUNICIPAL DE VÍAS E OBRAS que estabilice laboralmente plantillas e evite a plusvalía temeraria que aplican os empresarios do sector da construción sobre os orzamentos de cada obra.

Rubén Pérez sinalou que tamén estes orzamentos recurren a idea dos impostos directos como vía de financiación, non explorando vías de sistemas impositivos xustos como o incremento do IBI nun 100% á vivendas desocupadas ou impulso recaudador das tasas existentes sobre ocupación lucrativa de espacios públicos para entidades bancarias ou empresas de telefonía móbil.

Esquerda Unida realizará nestes días unha tarefa informativa á cidadanía viguesa para coñecer que ingresa e que gasta o noso concello e as alternativas existentes a estas políticas. Rubén Pérez considera que “dende vello os veciños e veciñas de Vigo están ausentes de toda elaboración orzamentaria que sae do edificio do Concello, algo que ten que ser seña de identidade da esquerda política e social é a capacidade decisoria e participativa da cidadanía”.