Orzamentos de Feijóo para Ferrol

 

A baixada de recursos públicos se achega ao 42% ao pasar de case 19 millóns a  apenas 11 millóns para a nosa cidade. De máis está dicir que con esta rebaixa lonxe de facérense realidade as especulacións prometidas por Feijóo na campaña autonómica, as promesas que non serán,  o que temos é unha evidente discriminación da nosa cidade en termos tanto absolutos canto relativos.

 

A redución é de tal magnitude que para Esquerda Unida  convirte os orzamentos en incapaces e inxustos e, xa que logo, merecentes do noso rexeitamento. Esquerda Unida considera  inaceptable este tratamento. A nosa organización se  pregunta como  se vai facer fronte á crise económica, que ten a nosa comarca presa da maior taxa de desemprego da Unión Europea,  cando se reducen as partidas das políticas de emprego no conxunto do orzamento,  cando non se define a redefinición e ampliación da RISGA  e cando no capítulo para a loita contra a pobreza e a exclusión social se consignan 12.000 euros para toda a comunidade, cifra ridícula e que delata o carácter antisocial destes orzamentos.

 

A realidade é que con este proxecto de orzamento o ano vindeiro o auditorio de Caranza non estará en funcionamento, porque non se consignan cantidades para todo o equipamento técnico necesario nun espazo destas característicos. Quizabes Feijóo se contente con ter outro edificio baleiro de actividade, mais  a nosa cidade non.

 

Non deixa de constituír outra decepción esperada a renuncia da Xunta   a dotar unha primeira partida que faga posible botar a andar a rede galega do ferrocarril de cercanías, arelada pola cidadanía que aposta pola sustentabilidade e o transporte colectivo.

 

Nun eido como o da candidatura de Patrimonio da Humanidade, a consignación doutra cifra ridícula, 60.000 euros, deixa ao descuberto o nulo compromiso do PP coa promoción dela e, en xeral, coas políticas de promoción turísticas. Risibles restan agora  o Centro de promoción turística, a talasoterapia en San Felipe ou as propostas para transformar o porto carboeiro.

 

En materia de vivenda hai unha renuncia nidia a impulsar tanto a rehabilitación de Recimil, onde Feijóo aposta as súas fichas á piqueta, canto o que fai a pular pola rehabilitación, cada día máis ralentizada e estrangulada de recursos.

 

Lamentar que outro exercicio máis se adíe a intervención na zona dos Corrais, incumprindo outro compromiso asinado e deixando á cidadanía que vive nesa área ao albur da natureza.

 

En canto aos incumprimento para dotar a escola infantil prometida e os outros equipamentos comprometidos coa cidadanía de Ferrol, caso do futuro Souto de Leixa, Esquerda Unida chama a atención diante da estratexia privatizadora que teñen os orzamentos do PP.

 

Esquerda Unida, sen prexuízo dunha análise pormenorizada do documento, avanza o seu rexeitamento nidio a un orzamento feito de costas ás necesidades da cidadanía de Ferrol e cun acusado sesgo antisocial.

 

Relacionados