Orzamentos de propaganda

Esquerda Unida afirma que o goberno municipal incrementa os orzamentos a costa das familias traballadoras. O orzamento de 2013 increméntase até os 238 millóns, debido a suba de impostos aprobadas polo goberno municipal nas ordenanzas fiscais, dous millóns de euros tan só na suba da auga un ben de primeira necesidade, así como ao incremento de 13 millóns de euros das transferencias do Estado procedente da suba xeneralizada de impostos decretada polo goberno central.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que os orzamentos do PP son mera propaganda porque nin son reais, nin o goberno local ten capacidade para executalos, como xa reflectían os informes da a intervención xeral en relación aos orzamentos do ano 2012, cando advertían ao goberno municipal porque o orzamento estaba realizado baixo unhas premisas irreais que obrigarían a rectificalo, como posteriormente aconteceu con até 3 expedientes de modificación de crédito.

Por outra banda os orzamentos que presenta o goberno local non son en absolutos críbeis pois de todos é sabido que non se chegará a executar máis que unha quinta parte como se pode observar no paupérrimo nivel de execución actual, un 17,2%, o que si dunha nota académica se tratase suporía un moi deficiente cun 1,7.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “espero que os 15,3 millóns de euros que din que se destinaran a servizos sociais non sexan para convenios e subvencións a entidades privadas, senón para aplicar verdadeiras políticas sociais públicas, porque as necesidades básicas da cidadanía deben cubrirse como un dereito elemental, nunca poden entenderse como beneficencia. Neste sentido semella incoherente a posición do PP que por unha banda rexeita crear comedores sociais públicos e por outra anuncia o maior investimento social da historia da Coruña. Está claro que é incapaz de discernir entre investimento social e esmola.

 

Relacionados