O grupo municipal de EU-V denuncia que A Coruña é onde menos inviste a Xunta de Galicia, concretamente un 30% menos que en Lugo e un 25% menos que en Ourense.
Como anunciou onte a executiva nacional de Esquerda Unida, significa un grave erro reducir os investimentos máis necesarios para saír da crise: sanidade, educación, traballo e benestar, mais na Coruña o erro é de maior envergadura, xa que logo, Esquerda Unida considera que os orzamentos da Xunta son insuficientes, antisociais e discriminan aos coruñeses. Pois lonxe de investir na economía produtiva como en Ourense onde o apoio aos emprendedores incrementouse nun 70%, o investimento na Coruña centrase nas infraestructuras, afondando no errático modelo produtivo do ladrillo e o formigón ao tempo que paraliza o estudo do metro lixeiro o que de facto significa aprazar a solución aos graves problemas de mobilidade na Coruña ata a vindeira lexislatura pois é sabido que o Goberno municipal ampara a súa inacción nesta materia na espera do devandito estudo.
Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a Xunta do PP está a promover o desemprego na Coruña, ademais de ser os que menos cartos recibimos estes vanse para infraestructuras en lugar de fomentar a reactivación económica e o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo que permita ao tecido empresarial coruñés afrontar esta longa crise con maior garantías de éxito e evitar así a perda de postos de traballo”.
César Santiso expreso que “semella incríbel que o Goberno municipal saque peito diante duns orzamentos onde os coruñeses somos os grandes damnificados a pesares do regalo da fabrica de tabacos, xa que logo, pido ao Goberno coruñés que abandone a política populista, publicitaria e partidista, que abandone o sometemento aos intereses da Xunta e se dedique a defender a veciñanza coruñesa que para algo outorgoulles a confianza”.