Esquerda Unida, Os Verdes, Espazo Ecosocialista e Equo lanzan os orzamentos do pobo, un foro social alternativo e participativo na procura de fornecer o tecido asociativo coruñés e que sirva como ferramenta activa para que os coruñeses e coruñesas avancen cara o dereito a decidir sobre o que acontece o seu Concello. Asemade pretendemos que o foro seña semente do foro alterntavio para decidir entre todos e todas que Coruña do futuro e como queremos vivila e sentila.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes anuncia unha nova iniciativa de participación cidadá que permita aos coruñeses coñecer e opinar sobre os dous principais fitos da vida política municipal: as ordenanzas fiscais e os orzamentos, que afectan directamente a economía e benestar da veciñanza. Preténdese trasladar á cidadanía de maneira sinxela e clara en que consisten estes documentos e como poden influír nas nosas vidas, asemade explicárase de maneira somera as liñas mestras dos documentos que propón o goberno municipal, coa intención de abrir un debate sereno pero profundo que permita desenvolver documentos alternativos.
Á inminente aprobación definitiva dos orzamentos, impide presentar reclamacións emanadas deste proceso aberto a toda a cidadanía, xa que logo, preténdese confeccionar uns orzamentos alternativos para presentar ao goberno municipal cando presente un modificativo de crédito. Caso distinto é o das ordenanzas fiscais, cuxo prazo para presentar alegacións remata o día 14 do vindeiro mes, polo que hai tempo suficiente para consensuar no foro unha proposta alternativa.
César Santiso, indicou que “o foro terá dous ámbitos de actuación, nas redes sociais e presencialmente en Asembleas Abertas que percorreran toda a nosa cidade, comezaremos o venres 30 as 19:00 h. Na sociedade recreativa e instrutiva a gaiteira, proseguiremos o luns nos Castros, o martes en Eiris, o mércores na Universidade e así sucesivamente até percorrer todos os barrios e os distintos sectores e axentes económico-sociais da cidade. Na rede social xa temos presenza en facebook (facebook.com/orzamentosdopobo) e twitter (@orzamentosdopobo) e estamos rematando de confeccionar unha web que recolla toda a actividade do foro.