Non se contempla ningunha partida significativa para as necesidades fundamentais da cidade: o naval, o saneamento e as conexións ferroviarias co eixe atlántico e o Porto Exterior supoñen unha afrenta, un ano máis, ás necesidades que temos como cidade. Rajoy está por condenarnos a pasar fame, sinala Yolanda Díaz.
Esquerda Unida chama a atención na verdadeira provocación que supón para todas e todos nós que non se contemple financiamento para o dique flotante cando se vén de pór en cuestión o pequeno contrato asinado con Pemex. Sen reunir a comisión de financiamento do dique, coa plantilla en peche indefinido no concello, non só non se pon un peso para o dique sinón que tampouco se avanzan nos estudos da nova fragata. Trátase de estrangular o nervo industrial de Ferrol cunhas consecuencias impredicibles no social e económico para a cidade.
Cando a situación do sector semella máis grave que nunca se adía o financiamento do saneamento da ría outro ano máis, nunha declaración de intencións do PP: nen os mariscadores, nen os deportes náuticos, nen nada: somentes aforrar contra a nosa saúde e riqueza ínsita na ría.
A vergoña se consuma no eido ferroviario onde se mantén o bloqueo comunicacional tanto co eixe atlántico coma co Porto Exterior, coas consecuencias económicas que se derivan desta incomunicación relativa.
A realidade é que non hai partida para abrir a cidade ao mar, se desbota avanzar no Castelo de San Felipe ou nos outros compromisos de Feijóo coa cidade.
Todo elo nunha primeira valoración, que se fará máis estensa e pormenorizada nunha ulterior rolda de prensa. E cunhas cifras incribles por mentireiras e que aínda por riba semellan maquilladas ate que pasen as eleccións galegas. Se os datos que se manexan son un fracaso agora hai que temer unha apocalipse logo das eleccións autonómicas. Orzamentos incribles porque estiman unha recesión do 0,5% cando as estimacións independentes a cifran alomenos nun 1,3 %, cunha previsión de ingresos fantasiosa no IRPF e no furado da tributación das sociedades, con unha partida infradotada no desemprego e con recortes que rondan o 20% en sanidade, ensino… e cun ministerio de agricultura disposto a arruinar ás pequeñas explotacións labregas do noso país.
Pagade a débeda malditos, semella dicirnos Rajoy con esta estafa e provocación que merece unha ampla e unitaria contestación social da nosa cidadanía, que Esquerda Unida vai alentar nas vindeiras datas.