Orzamentos para o dique flotante

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013.- As promesas de Alberto Núñez Feijóo sobre a construción do dique flotante de Ferrol eran unha farsa. Xa o eran cando as pronunciou, nas dúas últimas campañas electorais, e ségueno a ser logo de que o PP anunciase hoxe que destinará unha partida de cinco millóns de euros para a infraestrutura. “Están a enganar a cidadanía”, considera a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, cunha estratexia para lle lavar a cara ao alcalde da cidade”. Construír o dique flotante, unha peza chave para o naval galego e o seu futuro, custará arredor de 140 ou 150 millóns de euros, polo que unha achega de cinco millóns resulta “ridículo”.

A emenda que defendeu AGE durante a tramitación das contas pretendía unha achega inicial de 21,2 millóns de euros para o dique e un plan plurianual de investimentos. Pero a farsa do PP só procura, explica Díaz, “paralizar as mobilizacións que hai en Ferrol para evitar a morte do naval”. Só no último ano houbo máis de dous mil despedimentos no sector e esa é unha das circunstancias que non permite aceptar o impresentábel xogo da dereita co futuro das galegas e os galegos.

Relacionados