Orzamentos para o Dique flotante

 

O Grupo Parlamentar de EU no Congreso terá con esta iniciativa unha das súas prioridades a de acadar na negociación dos orzamentos a partida económica precisa para garantir este investimento, elemento clave para o futuro dos estaleiros públicos radicados na nosa ría.

 

Xunto a esta reivindicación, se formula a demanda dunha meirande implicación do Goberno para obter contratos – isto é, carga de traballo – para o noso estaleiro, que está s sufrir xa a secuencia maldita dos despedimentos. “O sector público ten futuro, somentes precisa dun Goberno que crea e teña vontade política de impulsalo”, sinala Javier Galán, concelleiro do Grupo e promotor desta iniciativa.

 

O terceiro elemento desta iniciativa política de Esquerda Unida no Congreso é a do estudo e aplicación da estratexia e decisión políticas para acadar o levantamento do veto á construción civil pública no estaleiro de Fene, acción que potenciaría as capacidades construtivas e de emprego deste sector para a nosa poboación, superando así unha inxustiza cometida nos tempos de Aznar.

 

Esquerda Unida pretende con esta iniciativa forzar o compromiso do Goberno Rajoy con esta cidade e comarca de cara a garantir unha infraestrutura decisiva no avenir do emprego e do estaleiro público, que é tanto como dicir para Ferrolterra. En resumo, queremos a fin das declaracións e a sinatura do compromiso orzamentario.

Relacionados