ruben perez.jpg - 4.56 Kb

Orzamentos participativos

 

 

Rubén Pérez sinalou que a descentralización económica e administrativa é unha prioridade política.  EU comprométese a realizar cuantos esforzos sexan necesarios para avanzar na rexeneración da vida democrática e na democratización do Concello, asegurando o máis estrito comportamento ético dos representantes e cargos públicos de EU. Presentou 4 eixos:PARTICIPACIÓN DEMOCRATICA: EU defende un concello con actuacións públicas baseadas na defensa do servizo público, no pluralismo cooperativo, na descentralización e desconcentración de funcións, na sinxeleza dos procedementos, na prestación de servizos eficientes e de calidade, e no fomento da participación cidadá.

 

LOITA CONTRA A A CORRUPCIÓN:A corrupción é un fenómeno estrutural do capitalismo que deteriora a democracia e nega os principios de transparencia e igualdade, a  denuncia e combate deben constituír o noso obxectivo principal; as esferas onde principalmente dáse son o urbanismo e a contratación, por tanto defenderemos cantas medidas sexan necesarias para erradicar esta secuela. Desde EU comprometémonos contra a corrupción municipal e na defensa da democracia cunha xestión publica transparente. Superar a deterioración moral ao que se esta levando á democracia é o noso compromiso e para iso propomos:DESCENTRALIZACIÓN ADMINISTRATIVA: A descentralización é un mecanismo mediante o cal o Concello transfire funcións e recursos para unidades de xestión administrativa, con competencia nunha parte determinada do territorio da Cidade..

 

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS: Os cidadáns en Vigo estiveron sempre desprazados da participación activa nas decisións do ámbito da Facenda Local, EU comprométese a pór en marcha os instrumentos que posibiliten a aplicación de procesos participativos no relativo á política económica local.

Relacionados