Orzamentos participativos 2012

 

Ao abeiro dos atrasos certos e inxustificados que amosan unha parte das obras acordadas nos exercicios 2009-10,  o Goberno Municipal quere facernos trampas e decretar pola porta de atrás a fin dos orzamentos, alomenos para o vindeiro ano.

 

Para Esquerda Unida a menciña para revitalizar a participación cidadá non consiste en suprimila ou adiala, senón polo contrario en fornecer as ferramentas participativas e adicar os recursos suficientes para soster os acordos que de xeito participado se acordan pola cidadanía no marco dos orzamentos participativos.

 

Esquerda Unida considera necesaria a meirande unidade do tecido asociativo e as organizacións políticas da cidade encol dunha cuestión fundamental: ampliar e fornecer a democracia participativa. Javier Galán fai un chamado ao tecido asociativo da cidade e as propias forzas políticas, ao conxunto da  cidadanía de Ferrol, para artellar unha fronte unitaria que garanta o mantemento e extensión dos orzamentos participativos, elemento senlleiro doutro xeito – distinto e mellor-  de favorecer a extensión da democracia.

 

Reclamamos do Goberno Municipal que rectifique a súa previsión de suspender os OP,s. Entendemos que de maneira consensuada e participativa hai que definir que cousas cambiar, rectificar ou ampliar.  A suspensión semella a peor opción.

Relacionados