Orzamentos participativos

 

A cidadanía ferrolá, o tecido asociativo da cidade investiron  no lanzamento da participación horas e ilusións abondo como para que agora se malbaraten de plano con este Goberno da dereita.

 

Javier Galán denuncia a desaparición da participación cidadá, que perdeu a súa comisión informativa e a maiores suma un conxunto de  informacións avanzan o desinterese do Goberno Municipal para impulsar esta temática, que máis que nunca semella fundamental para transformar a fisonomía política e social da cidade.

 

Esquerda Unida reitera no día de onte a determinación de colaborar a pór en marcha cos outros grupos políticos e coa Comisión de Seguimento dos OP,s e o conxunto do tecido asociativo unha acción común en aras a conquerir unha  garantía de continuidade e millora do conxunto das políticas de participación cidadá.

 

Esquerda Unida reclama como un compromiso certo do goberno Municipal sobre o seguinte: un calendario de posta en marcha de medidas vencelladas á democracia participativa, como é o caso do desenvolvemento das previsións e figuras contidas no Regulamento de Participación Cidadá, xunto coa execución dos investimentos e actuacións aprobados nestes anos nos procesos de OP,s. Sermos honestos coa cidadanía e non facer trampas co decidido democráticamente esixen deste Goberno que cumpra e continúe coas políticas de participación cidadá.

Relacionados