Orzamentos participativos

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno local o inmediato cumprimento do regulamento de participación cidadá.

 

Para Esquerda Unida a utilización dos concelleiros de barrio sen desenvolver unha estrutura democrática de participación cidadá significa un uso ineficaz e clientelista dos recursos ao ralentizar burocraticamente as demandas da veciñanza. Co novo Goberno as peticións teñen que ser xestionadas en primeira instancia polo concelleiros de barrio en lugar de xestionarse directamente pola concellería responsábel.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda un mecanismo para que a veciñanza decida as prioridades dos investimentos do seu barrio: outorgar maior poder de decisión para a cidadanía a través de orzamentos participativos decididos democraticamente nas Asembleas de Barrio.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, respostou ao tenente de alcalde Julio Flores “si o goberno do PP está `triplemente interesado na participación dos coruñeses´ que o demostre habilitando orzamentos participativos, porque ninguén mellor que a veciñanza para e establecer as súas propias prioridades”.

Relacionados