Orzamentos subrealistas para 2012

 

O coordenador de ESQUERDA UNIDA en Vigo considera errónea e temeraria seguir coa política de “losetas e bancos” en tempos nos que non existen contrapartidas de ingresos para tales obras (PLAN E ou PLAN 2010) e polo tanto serán financiadas baixo endebedamento bancario.

 

Para ESQUERDA UNIDA a política de humanizacións tense demostrado inútil para crear emprego se atendemos ao incremento notable do desemprego no sector da construcción e da obra pública, altamente custosas para o mantemento (limpeza e reparación de mobiliario) e despilfarradoras en canto a recursos como a auga e o alumeado público. Non pode ser que nun momento de clara caída dos ingresos vía transferencias estatais (esencialmente o IVE) o concello considere viable un programa de inversións en humanizacións que obrigan a buscar financiamento vía incrementos de taxas municipais ou recadación administrativa (multas por exemplo…).

 

Así, Rubén Pérez declarou “a proposta de inversións do orzamento do 2012 para o Concello de Vigo é un disparate e propio de gobernos “alieníxenas” fóra da realidade social na que viven os cidadáns”.

 

O coordenador local recorda que o 57% desta inversión será con cargo a PRESTAMOS BANCARIOS nun tempo onde as caixas xa non existen como tal e polo tanto as condicións crediticias son claramente desvantaxosas para as entidades públicas.

 

ESQUERDA UNIDA considera urxente a reforma e reconsideración dos gastos de Xerencia de Urbanismo, maioritariamente adicados a pagar nóminas de persoal (moito del contratado fóra da OPE) ante a manifesta realidade de que o PXOM non vai a desenvolverse como se pretendía no informe económico xustificativo.

 

ESQUERDA UNIDA considera lamentable que o acceso o estado das contas do concello ESTÉ SECUESTRADO e pide que volva á web do concello a información referente á evolución de ingresos e gastos, curiosamente ausente neste 2011.

Relacionados