Do mesmo xeito rexeita mellora das infraestructuras ferroviarias na comarca de Ferrolterra e no sur de Pontevedra por unha ratificación da súa aposta polo modelo ferroviario do AVE.
Yolanda Díaz coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE considera que “non por agardado este novo desprezo do PP ás propostas da oposición deixa de sorprendernos xa que as chamadas a consensuar coa cidadanía infraestructuras e proxectos que tanto Rajoy e Feijoo fixeron non chegan a formalizarse máis aló do estrado parlamentar”. EU considera que en efecto nestes Orzamentos Xerais do Estado actúan de xeito evidente as políticas derivadas do modelo de construcción europea consagrado en Maastrich. “Galicia, na visión do PP, ten que ser un deserto no tocante a sectores industriales puxantes” afirma Yolanda Díaz.
A executiva nacional de EU lamenta que seguirá sen mellorarse a situación da depuración e tratamento secundario das augas residuais en Compostela e Vigo seguirá contando sen plans de emprego nos sectores industriais nun momento de clara situación de emerxencia social e laboral en sectores de poboación ate o de agora en activo.