A Executiva Nacional de EU considera que a Xunta de Galicia comete un grave erro cos orzamentos do 2012 ao reducir os investimentos máis necesarios para saír da crise: sanidade, educación, traballo e benestar. A económica productiva galega atópase en grave retroceso e os recursos para prestacións sociais son claramente insuficientes como o demostra o feito que provocaron os recortes sociais aplicados pola Xunta de Galicia durante este ano. Diante desta situación a Xunta aplica nos orzamentos unha redución do 0,8% para as partidas das Consellerías correspondentes.
Xa que logo, Esquerda Unida lamenta a falta de visión da Xunta do PP que recorta as partidas para prestacións sociais e esquece a necesidade de reactivar a economía para loitar contra o desemprego.
Os orzamentos mostran a obstinación do PP en aplicar as mesmas políticas neoliberais que nos meteron na crise e a súa incapacidade para desenvolver políticas que nos permitan saír dela.
Para EU estes orzamentos supoñen a constatación da incapacidade da Xunta do PP para reactivar a economía galega e, así, loitar contra o paro e a do pouco interese polas prestación sociais.