A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, lamentou o posicionamento do grupo do PP que unha vez máis sitúase do lado dos de arriba e contra os traballadores e traballadoras deste país.
Santiago de Compostela, 8 mayo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) insta ao goberno galego para que demande ao goberno central que non se repartan as gratificacións extraordinarias por DPO, nin se repartan dividendos en carga ao exercicio 2012 no grupo empresarial Tragsa e que se destine este diñeiro a mellorar as condicións da plantilla de traballadores e traballadoras que xa sufriron recortes no 2012.
O Grupo Tragsa é unha empresa pública que forma parte da SEPI, a cal controla a maioría do seu capital. Esta empresa realiza numerosas actuacións para diferentes administración públicas incluida a Xunta de Galicia.
A voceira de AGE, Yolanda Díaz, ten coñecemento da situación actual da empresa, que ainda pechou o exercicio do ano 2012 con beneficios, mediante o fácil expediente de suprimir a paga extraodinaria do nadal en Tragsatec e coa redución do 1/14 do salario no convenio na propia Tragsa.
Con estes antecedentes, a empresa está a repartir remuneracións extraordinarias en concepto de Dirección por Obxectivos (DPO), a maioría dos cales recaen no persoal do organigrama directivo. Doutra banda a empresa está a estudar o reparto de dividendos con cargo ao exercicio do ano 2012. “Circunstancia grotesca e absolutamente inxusta toda vez dos recortes sufridos pola plantilla nese exercicio” tal e como destacou Yolanda Díaz na súa intervención na comisión parlamentar desta mañá.
A vicevoceira de AGE lembrou que dende o ano 2009, a empresa despedíu a mais de 12.000 traballadores e traballadoras, mentres o organigrama directivo central e territorial mantense case intacto ou incluso incrementouse.
Por todo isto, Yolanda Díaz, defendeu que este diñeiro debe investirse en mellorar as condicións da plantilla e non ao peto do equipo directivo, o que suporía unha nova unha nova inxustiza social impulsada polas prácticas do PartidoPopular e que co seu voto en contra da iniciativa de AGE volveu situarse do lado dos de arriba e contra os traballadores e traballadoras.