Os crimes de Hidralia

Esta empresa, Hidralia, cometeu reiterados crimes que comezaron coa utilización da coacción para conseguir terreos de campesiños e así facerse coa explotación da enerxía hidraúlica da poboación de Santa Cruz de Barillas (Guatemala), este feito provocou protestas populares duramente reprimidas pola empresa, por exemplo coa instalación de minas antipersoa por todo o perímetro das obras, como denunciou o goberno local da poboación. Ademais o xefe de seguridade da empresa e outros traballadores de seguridade incluso tirotearon a tres veciños co resultado dun asasinado e dous feridos graves. Posteriormente o persoal de seguridade da empresa detivo ilegalmente a nove persoas, por suposto sen orde xudicial. Ante o empeoramento das protestas e Mediante medios opacos a empresa conseguiu que o goberno de Guatemala decretara o estado de sitio e suspendera as garantías constitucionais. A propia Oficina do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humáns cualificou estas medidas de desproporcionadas e denunciou que non se axustan aos estándares internacionais.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz afirmaba que “o Consello de Contas de Galicia confirmou que estamos ante unha das peores tramas político-empresariais da historia. Presionaremos no parlamento para que esta trama mafiosa e clientelar remate”. Hidralia pertence a un entramado de 35 sociedades anónimas vinculadas ao sector enerxético, todas elas con sede en dous únicos domicilios na Coruña e pertencentes á familia Castro Valdivia. Entre 1999 e 2005 as empresas a nome de Luís Castro Valdivia, coñecido comoo rei do kilovatio galego” recibiron concesións para explotar nove minicentrales hidroeléctricas e sete parques eólicos en Galicia. Durante ese período o seu cuñado, Ramón Ordás, ocupaba o cargo de Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas na Xunta de Galicia, en marzo de 2007 ambos foron denunciados e imputados pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un triplo delito de tráfico de influencias, prevaricación e cohecho. A empresa comezou a poñer en venda parte dos máis de 95 MW de potencia instalada, trasladando a súa actividade empresarial a Guatemala, onde estableceuse no 2008.

A eurodeputada da Esquerda Plural, Marina Albiol, levará o caso ante a Comisión Europea, para que se interrogue ao goberno de Guatemala sobre a impunidade dos actos criminais, concretamente diante da Alta Representante da CE para asuntos exteriores. “O Goberno de Guatemala está a abusar da xustiza para criminalizar á cidadanía que reclama os seus dereitos, pero a responsabilidade non é só do goberno de Guatemala, estamos a falar dunha empresa galega. Ao Goberno do Estado tamén hai que esixirlle que as nosas empresas non actúen no exterior violando os Dereitos Humanos e incumprindo a lexislación internacional. Na UE imos seguir esixindo que se acabe coa autorregulación e que se estableza unha regulación estrita e esixente ás empresas de capital europeo con filiais e actividade en terceiros países”.

 

Relacionados