Os gastos da débeda

Segundo os datos do Ministerio de Facenda coñecidos onte, afirma o deputado Antón Sánchez, o Goberno do PP só executara ate setembro o 47,85% dos investimentos reais. A tres meses de pechar o exercicio. Isto supón que dos 853,8 millóns de euros orzamentados -en créditos definitivos- unicamente se executaran 408,5 millóns. Respecto do pasado ano, o grao de execución dos investimentos reais baixa un 21,65%.

Pola contra, os únicos capítulos de gasto que medran son os gastos financeiros (máis 6,26%) e os pasivos financeiros da débeda (máis o 88,5%). Feijóo só gasta máis en pagar unha débeda que medra como unha bóla de neve por mor dunha política suicida ao ditado da troika.

Relacionados