“Os orzamentos de 2019 evidencian que a Xunta vai seguir sen facer nada para evitar os problemas da nosa sanidade”, di Eva Solla

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de analizar os orzamentos de 2019 en materia de sanidade. “Levamos anos denunciando o que vemos esta mañá na prensa: o SERGAS defrauda á Seguridade Social. Entón, canto tempo máis vai seguir no cargo?”, preguntou a deputada de En Marea ao Conselleiro de Sanidade na comparecencia de orzamentos.

“O orzamento presentado pola Consellería de Sanidade para o vindeiro ano deixa en evidencia que nada se vai facer para solucionar os graves problemas da sanidade pública galega e as carencias de persoal que se padecen en todos os servizos”, dixo a deputada.

Falando dos orzamentos, Eva Solla lamentou que “coas contas para o vindeiro ano, o Goberno galego deixa en evidencia que non vai facer nada para acabar cos graves problemas que a sanidade pública galega está a sufrir na actualidade e que pasan, entre outras cuestións, por unha carencia estrutural de persoal”. Tampouco nada falou o conselleiro das listas de agarda non estruturais das que seguen sen dar información e que semella están a medrar de xeito preocupante en moitas especialidades e probas diagnósticas.

No relativo a partidas de prevención, a deputada de En Marea denunciou a falla de transparecencia que fai imposible saber a que colectivos se lles está a conceder axudas.

Eva Solla criticou tamén a falla de partida algunha para prevención da ludopatía mentres a Xunta está a elaborar unha Lei co lobbie do xogo.

Outra das partidas destacadas pola deputada de En Marea foi a dedicada ao 061, cun incremento nimio, polo que o Goberno deixa en evidencia que vai manter a situación actual cun 061 en folga, sen referencia a que vai pasar cos concertos ou o traslado. “Todo vai seguir igual e, polo tanto, tamén os conflitos”, lamentou Eva Solla.

Ver a intervención en: 

Relacionados