Paco Vázquez non reune requisitos

 

Esquerda Unida rexeita que Francisco Vázquez ocupe o cargo de defensor do pobo, pois carece dos méritos e preparación necesarios para desenvolver un cargo de tanta relevancia en canto a defensa dos dereitos da cidadanía.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o exalcalde da Coruña non reúne os requisitos necesarios en canto a xustiza, equidade e neutralidade para ocupar o cargo.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “preténdese facer defensor do pobo a unha persoa que ten demostrado pouco respecto polo cumprimento das leis, como quedo patente cos reiterados incumprimentos en canto ao topónimo da cidade e que mantén posicións intransixentes en temas como o aborto ou os matrimonios entre persoas do mesmo sexo, por non falar das innumerábeis irregularidades urbanísticas cometidas durante o seu mandato”.

Relacionados