Pacto de silencio ante a corrupción

Para EU estes casos amosan que a “privatización de servizos públicos e o clientelismo é corrupción” e contra esta somentes queda a actuación xudicial e cidadá firme.

Para EU “na corrupción non hai punto final nin campaña mediática de lavado de imaxe dos imputados ” unha democracia que se diga tal somentes pode tolerar “dimisións e actuacións xudiciais audaces”.

EU di que esto non é “xudicializar a política” senón perseguir o crimen organizado que campa polas nosas institucións como feito normal do seu funcionamento”

O responsable de organización de EU Rubén Pérez e o responsable de política institucional de EU, Carlos Portomeñe consideran que Feijóo incurre nunha “defensa velada” deste modelo caciquil e clientelar que atesoran centos de concellos galegos dende o franquismo ao identificar os enchufes como “fenómenos de auxilio social” e lembra que o concurso público e o mérito son os únicos factores que deben actuar na administración pública.

Para Carlos Portomeñe, “o goteo de irregularidades en distintas Administracións Públicas e a acumulación de graves escándalos de corrupción danan a credibilidade das institucións e da política, atentan contra o patrimonio público, socavan as bases mesmas do sistema democrático, provocan a desafección cidadá e dan pábulo á afirmación inxusta de que “todos son iguais”, abonando o terreo ao populismo.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta que na corrupción non pode haber nin punto final nin campaña mediática de lavado de cara dos imputados. Para Esquerda Unida os corruptos e os corruptores, dirixentes de empresas nalgúns casos ou intermediarios agudos, danan a política. E tamén danan á economía, incrementando os prezos das obras, produtos e servizos; alimentando o déficit público e a inflación; falseando a competencia e desincentivando ao contribuínte honrado que constata o uso indebido dos seus impostos.

A corrupción en Galicia foi e é inseparable dos desvaríos dun modelo produtivo, económico e financeiro que alimentou a especulación e as prácticas delituosas, especialmente en materia urbanística e no sector da construción, cun crecemento explosivo do parque residencial, que desde 2001 creceu máis dun 20%, nun proceso de urbanización sen precedentes no últimos quince anos e sen parangón en Europa.

Para EU amosar ante a cidadanía que “a corrupción ten castigo” é o único camiño para a rexeneración democrática.

Relacionados