Ética, transparencia e austeridade

 

Agora xurde a polémica coas contratacións sen concurso público, no que xa se coñece como “operación dedazo” e a practica escurantista do concello. Si ven é certo que a lei permite adxudicacións sen concurso público, semella pouco ético forzar este tipo de adxudicacións, e máis si o 20% destas, 51 contratas por importe de 9,7 millóns de euros, adxudicáronse a dúas empresas, Rivas Boquete y Erfinco, que teñen os mesmos donos.

 

Diante desatas situacións, Esquerda unida propón ao resto de forzas políticas un pacto político pola ética a transparencia e a austeridade no concello coruñés. Coa intención de evitar este tipo de prácticas e que a veciñanza recupere a confianza nos poderes públicos.

 

César Santiso, coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, fixo unha chamada ao resto de candidatos que concorren as eleccións municipais “Miremos cara adiante, comprometámonos. Os coruñeses e coruñesas teñen dereito a ter un concello limpo, transparente e austero. Asemade merecen saber quen está disposto a facelo e quen non”.

 

Con esta proposta Esquerda Unida pretende dar un xiro a política coruñesa, para dignificala diante do desprestixio actual fomentado, en parte, polo cruce de acusacións e o pueril argumento do “e ti máis”.

 

O consello comarcal de EU Coruña solicita que o pacto sexa asinado polos distintos candidatos e que as organizacións políticas fagan público, con celeridade, a súa vontade de facelo.

 

O coordinador comarcal matizou a proposta, “Oxalá chegasemos a un pacto polo miúdo con medidas concretas como as que nos presentamos, mais sendo realistas conformámonos con chegar a un acordo de principios elementais, para co tempo avanzares en maior profundidade”. Santiso aproveitou para enumerar algunha das propostas de EU relacionadas coa austeridade, como baixar un 25% os emolumentos de cargos públicos e altos cargos de confianza, reducir o 50% en dotacións e asesores para os grupos políticos ou eliminar o 75% os custos en protocolo e relacións públicas, para argumentar que “poucos atreveranse a chegar tan lonxe coma nos”.

Relacionados