Así pois, Esquerda Unida propón acadar un pacto institucional para articular un plan de emprego e desenvolvemento económico local baseado no cambio do modelo produtivo a través de axudas a PEME, autónomos e cooperativas para mellorar a súa produtividade, eficiencia enerxética, nivel tecnolóxico e toma de decisións cara a atopar novos nichos de negocio resultantes do novo contexto económico e enerxético.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera alarmante que o 11,5% da veciñanza coruñesa se atope en risco de exclusión social polo que insta ao Goberno municipal a adoptar un plan de emerxencia social. Porque estes datos do Instituto Galego de Estatística sobre o risco de pobreza refírense ao ano 2010 e amosan que A Coruña é a cidade que máis incremento tivo. E no 2011 os datos económicos foron peores, ao igual que o 2012 semella será un ano durísimo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “as previsións económicas xerais, e os datos de desemprego locais evidencian a necesidade de que por unha vez anticipémonos aos acontecementos aos acontecementos e os poderes públicos, neste caso o Concello, apliquen as medidas correctores que reduzan o impacto do que está por caer.
“Si no 2010 máis da metade da veciñanza coruñesa pasaba apuros para rematar o mes, que sucederá este ano cando moitas familias deixen de cobrar o subsidio de desemprego, o Goberno central aplique máis recortes e a carestía da vida e o desemprego sigan aumentando”, preguntouse César Santiso.