Pacto polo transporte público

 

Por outra banda é sabido que as tarifas do bus urbano na Coruña son das máis elevadas do Estado, mentres o nivel de satisfacción dos usuarios coruñeses e dos máis baixos como amosan as enquisas.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón un gran pacto entre os grupos políticos da corporación para acadar unha posición común que facilite ao Concello a negociación coa concesionaria. Somos conscientes que os acordos están para cumprilos, pero o actual contrato de concesión asinado polo PSOE en 1986 é francamente lesivo para as arcas do Concello e para os intereses da veciñanza, asemade as condicións económicas-financeiras variaron enormemente por mor da crise e en tempos difíciles as empresas concesionarias con amplos beneficios, aínda que sexan privadas deben arrimar a ombreira como subministradoras de servizos públicos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “deixemos atrás os intereses partidistas e unámonos todos os membros da corporación para acadar un acordo beneficioso para a veciñanza”.

 

César Santiso subliñou que “os membros da corporación non podemos permanecer de brazos cruzados diante deste espolio. O Goberno municipal pode ter a absoluta seguridade que contará co apoio de Esquerda Unida para negociar unha redución das tarifas do bus urbano”.

 

Neste sentido, Esquerda Unida propón a tarifa única progresiva para abaratar e incentivar o uso do transporte público colectivo. A idea consiste en que os usuarios paguen a tarifa no primeiro traxecto do día, tarifa cuxo importe variará en función do poder adquisitivo da unidade familiar, pagando posteriormente en cada un dos transbordos diarios tan só un 10% da tarifa inicial. Esta medida permitirá que o transporte público colectivo sexa rendíbel economicamente, favorecendo o seu uso masivo en detrimento da utilización dos vehículos privados a motor. Os usuarios gañaran en flexibilidade e a concesionaria mellorará a rendibilidade das  súas liñas.

Relacionados