Padroado de Deportes

 

Javier Galán  formulou a esixencia de proceder a democratizar a vida do Padroado para que este xogue un papel decisivo na vida deportiva da cidade: o representante de Esquerda Unida avogou pola reforma dos Estatutos, para producir as condicións que permitan facer do Padroado un elemento vivo, con capacidade real de iniciativa e quen de acubillar unha representatividade certa do movemento deportivo da cidade. Avogamos por unha representatividade certa do organismo rector da vida deportiva da cidade como garantía de democratización desenvolvendo unha composición deste órgano que sexa verdadeiramente representativa, o aumento das competencias e o desenvolvemento dun sistema participado que garanta a transparencia e obxectividade no que atinxe ás subvencións.

 

Esquerda Unida manifestou a necesidade de pór o contador a cero e comezar de novo para dar un pulo á participación do movemento deportivo. Para iso, EU  formulou a proposta de realización de xeito participado dunha ampla CONVENCIÓN do deporte ferrolá, que sirva como revulsivo para propiciar a participación, definir un novo modelo de Padroado e facer do deporte de base a verdadeira prioridade.

Relacionados