O responsable da Secretaría de Movementos Sociais, Xabier Ron, declarou “En liña co que levamos denunciado replica watches nos últimos comunicados, xa temos no Estado das Autonomías unha mostra máis de prácticas disciminatorias e de racismo institucional. Neste caso, o concello catalán de Vic, (ao que se vé mal e des)gobernado pola tríada CiU-PSC-ERC, aprobou unha normativa que impedirá empadroarse ás persoas inmigrantes en situación irregular”.
Esquerda Unida considera que a execución desta medida supón deixar na máis pura invisibilidade e indixencia a centos de persoas que quedaran sen acceso á sanidade, á educación, ou mesmo a unha vivenda e acceso a outros dereitos como bolsas de comedor ou gardería. Representa, ademais, situar no imaxinario répliques de montres social unha imaxe de perigosidade destas persoas, ata tal punto, que unha persoa en situación administrativa irregular é “indigna” para ser parte da comunidade de Vic.
Xavier Ron calificou de esperpéntica a argumentación dada polo alcalde Josep María Vila d’Abadal, quen defendeu que a medida valería para poñer orde, integrar e situar dentro da comunidade ás persoas inmigrantes. “Como pretende facelo, cando xa sitúa na marxinalidade absoluta a centos de persoas? Como pretende facelo cando inocula medo nas persoas Rolex replica inmigrantes que aínda teñen a documentación en regra, dispostas a padecer calquera situación para manter dita regularidade e non perder dereitos? Como pode confundir de forma tan aberrante –a non ser por ignorancia ou outras condicións que non nomearemos por decoro- integración con asimilación? Non aprendeu nada do que aconteceu noutras sociedades europeas?” preguntouse Ron.
Esquerda Unida considera que, en aras a xustiza e na defensa dos valores do estado de dereito, os que decidiron semellante atropelo segregacionista e racista (non esquezamos que na súa visión a inmigración irregular se identifica coa poboación negra de África e coa de relixión islámica) deberían rematar xa a súa carreira política e responder perante un tribunal democrático das súas accións.




