Paga extra funcionarios

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe ao goberno galego que lle devolva os cartos que lle debe aos funcionarios autonómicos pola paga extraordinaria de decembro de 2012 que lles foi devengada e insta a incluír nos orzamentos da Xunta do vindeiro ano a percepción íntegra das dúas pagas extraordinarias.

Os deputados Antón Sánchez e Juan Manuel Fajardo destacan na iniciativa rexistrada no Parlamento o feito de que  os Xulgados como nos Tribunais Superiores de Xustiza (tanto contencioso-aministativo como social) os recursos e cuestións de inconstitucionalidade contra dito Real Decreto, veñen fallando, con reiteración, respecto da procedencia da devolución da parte proporcional da paga extra de decembro devengada ata a entrada en vigor do RDL 20/2012, isto é, ata o 15 de xullo. Procedencia que deriva da propia aplicación do RDL 20/2012, sen necesidade de agardar ao pronunciamento do Tribunal Constitucional.  Ao respecto,  a recente, e moi fundamentada, sentenza do TSXG (sala do contencioso-administrativo) do pasado 13 de novembro de 2013 (rec. 85/2013).

Na iniciativa explícase que a procedencia legal da devolución da paga extra devengada e non abonada do 2012 debe ir acompañada do abono da integridade das pagas extraordinarias do exercicio 2014. O grupo parlamentar denuncia o ataque que o persoal funcionario e o persoal laboral do sector público autonómico ven aturando por parte dos gobernos do Partido Popular cunha regresión continua do seu poder adquisitivo, con sucesivas conxelacións e reducións salariais. Para AGE tal regresión salarial e perda do poder adquisitivo debe ser paliado xa desde o 2014, abonando a integridade, por todos os conceptos, das pagas extraordinarias e modificando, en consecuencia, os artigos 22 e 23 do Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para o 2014.

Compre lembrar que tanto no 2013 como no proxecto de lei de orzamentos para o 2014, a contía das dúas pagas extras non é íntegra, ao incluír só unha porcentaxe do salario base e antigüidade, e non incluír o complemento específico. Por todo isto, AGE solicita á Xunta de Galicia a través desta iniciativa á devolución ao persoal do sector público autonómico da parte proporcional da paga extraordinaria de decembro de 2012 devengada nos seguintes períodos :

a) para o persoal funcionario, desde o 1 de xuño ata o 14 de xullo de 2012-

b) para o persoal laboral, desde o 1 de xullo ata o 14 de xullo de 2012.

Así mesmo, insta a incluír nos Orzamentos da Xunta para o 2014 a percepción íntegra, polo 100% de todos os conceptos, das dúas pagas extraordinarias do persoal do sector público autonómico.

 

Relacionados