Pagamento das taxas

e lembra os casi 11 millóns de euros que o concello paga a Vitrasa pola reducción no bono bus e lanzadeiras. Esquerda Unida considera que non tocar o IBI que supón case o 50% dos ingresos que o Concello recibe no CAPÍTULO I (IMPOSTOS INDIRECTOS) e que subiu un 13,8% no último ano indica que a conxelación das tasas é puro maquillaxe. Fai un ano BNG e PSOE aprobaron un inaudito 3,8 de subida cun efecto nas familias que, aínda con esta conxelación, non se consigue amortiguar.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que o prioritario avanzar en bonificacións reais nas ordenanzas municipais, evitando reducións xerais en prezos que aplican tanto ao que ten unha renda alta como o que está desempregado. Sendo certo que existen bonificacións nas tasas de lixo para EU deben aplicarse igualmente para o IBI e as tasas de aproveitamento da vía pública que deberían tasarse polos libros de contabilidade dos negocios evitando un fin lucrativo da vía pública sen control algún.

A tasa do lixo por exemplo, supón únicamente o 7,58% dos ingresos do Concello no capítulo III e foron incrementadas xa en setembro de 2011 nun 3,8% por acordo do BNG e do PSOE, un incremento moi por riba do IPC que agora non amortigua a conxelación da mesma.

EU considera priorizar unha política de tasas no concello orientada a bonificar á situación personal e económica das familias, extender a bonificación do 100×100 ás familias con todos os membros en situación de desemprego e defender dende a FEMP un avance na participación dos concellos na recadación fiscal ate conquerir o 33%.

Relacionados