Dado o tempo transcorrido e o avance das obras de seguridade vial,ás/ós veciñas/os están a solicitar unha nova licencia de peche, como puidemos constatar nas últimas comisións de urbanismo.Pois ben, o grupo de goberno a pesares da insistencia do noso grupo (a última realizada na comisión de urbanismo do día 20 de xaneiro) aínda non propuxo ós grupos municipais ningunha fórmula de acordo para eximir en parte ou na súa totalidade do pago do ICIO ás/ós veciñas/os que tiñan a licenza e o peche executado antes da expropiación.
Demandamos do grupo de goberno que na vindeira comisión de facenda e patrimonio inclúa na orde do día unha proposta para que se execute o acordo de tódolos grupos municipais, que é: a exención en parte ou na súa totalidade do pago do ICIO ás/os veciñas/os que tiveran licenza e peche executado antes da expropiación pola Xunta para a Mellora da Seguridade Vial nas parroquias de Franza e San Xoán.
A formalización desta decisión entendemos que non se pode demorar máis no tempo, e que a súa demora só pode causar inconvintes as/os veciños/as, polo tanto e dado o tempo transcorrido é imperioso chegar a un acordo si queremos facer realidade o acordo non formal dos grupos municipais.