Paln pequeno comercio

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a desenvolver un plan para reactivar o pequeno comercio, a fin de rendabilizar a presenza de turistas, pois non se pode explicar que cando se incrementou un 6% a ocupación de hoteles na cidade respecto ao ano pasado, a facturación no comercio coruñés caeu entre un 10% e un 15% con respecto ao ano pasado, o que demostra que non se ve repercutida favorablemente o incremento de turistas deste ano que mantivo elevados índices de ocupación, 80% en agosto e o 68% en xuño e xullo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reitera a súa proposta de establecer un plan de turismo que promova o consumo no pequeno comercio aproveitando o incremento da ocupación hosteleira. O Concello debe actuar con determinación e celeridade mediante o deseño de rutas que, centradas nos atractivos puntos culturais da nosa cidade, permitan aglutinar en torno a elas unha importante oferta hostaleira e comercial a través de itinerarios configurados para fomentar o consumo dos turistas, reactivando así un sector en declive como o pequeno comercio, alicerce da nosa economía local. Algo diametralmente oposto á situación actual onde a oferta turística é escasa, inconexa, pouco definida e ineficiente.

O plan debe ser consensuado polos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para desenvolver iniciativas que incrementen o impacto económico dos que visitan a nosa cidade, definindo, anunciando e promovendo rutas turísticas con itinerarios dotados de ampla oferta comercial, hostaleira e gastronómica, antes de chegar aos puntos de interese turística, para incentivar o consumo dos turistas na Coruña, de tal maneira que cando cheguen teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística na nosa cidade, non como sucede agora que se atopan perdidos e deambulan dun lado sen rumbo definido perdendo así o pouco e valioso tempo que pasan na nosa cidade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno local debería atender as nosas suxestións habida conta de que non acerta nas políticas necesarias para reactivar o pequeno comercio na nosa cidade, temos capacidade de duplicar e incluso triplicar o consumo dos turistas na nosa cidade”.

Relacionados