Atendendo a este articulo, o GM de EU fixo un repaso ó número de papeleiras instaladas pola Administración Local nas rúas do Casco Antigo de Mugardos chegando á seguinte conclusión:
Nas rúas Pixigo, Catro Canos, Real, Barral, Catro Ventos, Lousido,Alta,Cano da Rúa non hai unha soa papeleira.
Avda de Galicia hai 4 papeleiras concentradas en 50 mts. Non existindo ningunha outra en toda a Avda.
Avda. do Mar hai 11 papeleiras na beirarrúa e 21 papeleiras polo paseo, aínda que varias están en mal estado.
Con estos datos podemos concluir que o grupo de goberno ten á maioria das rúas do Casco Antigo de Mugardos sin papeleiras.
Dende o GM de EU demandamos a colocación de papeleiras utilizando os seguintes baremos:
1.- Avda. de Galicia: Vía de doble sentido, con beirarrúas, comercial e con diferentes locais privados de acceso público e locais privados, se tome como referencia 40 mts. Lineais de distancia entre papeleiras en cada unha das beirarrúas.
2.- Real, Barral, Cano da Rúa,etc: Vía sin calzada sinalizada, estreita, sin beirarrúa e con escasa actividade comercial, se tome como referencia 50mts. Lineais en sentido único e por un lado.