Paquete de medidas para reactivar a economía coruñesa e facer que sexa o motor das bisbarra

 

Si a situación semella grave, o é moito máis si temos en conta que o ano Xacobeo significou a creación de postos de traballo que agora perderanse e que están a finalizar as obras financiadas a cargo de los Fondos Estatais de Inversión Local (FEIL) que manteñen a moitos obreiros traballando na mellora das rúas.

 

Esquerda unida considera fundamental que os poderes públicos actúen diante do espectacular aumento do desemprego nun 37% nos últimos tres anos na comarca coruñesa. Por iso o consello comarcal de EU propón un paquete de medidas para que a cidade da Coruña se converta no revulsivo e motor económico da comarca.

 

Dúas medidas destacan entre as desenvolvidas por EU para a reactivación económica, o cambio de modelo produtivo local e, a xeración de emprego estábel de calidade:

 

Creación do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME)

Consistente en cubrir as necesidades básicas as que se enfronta unha empresa de nova creación, como acceso a oficinas administrativas de uso compartido, comunicacións, loxística administrativa ou servizos administrativos, contables e tributarios. Así, mediante unha taxa, fomentaríase a creación de novas empresas viábeis e xeradoras de emprego, que por falta de capacidade económica os emprendedores son incapaces de constituír. O devandito servizo estará dispoñíbel para cooperativas, PYMES e autónomos que cumpran unha serie de requisitos básicos, como un estudo de viabilidade económica, a creación de emprego estábel e de calidade, ou a redución da dependencia do petróleo na súa actividade económica, para que o tecido coruñés este en mellores condicións para afrontar a crise enerxéitca en cernes derivada do cénit do petróleo.

 

Creación dunha Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC)

Cuxa misión principal sexa promover a agricultura ecolóxica local na bisbarra coruñesa mediante o artellamento de redes alternativas de distribución e comercialización que aseguren un prezo digno tanto para consumidores finais como para labregas e labregos, acordos con productores e cooperativas agrarias locais para a distribución dos seus produtos e así avanzares cara a soberanía alimentaria coruñesa,  sinatura de convenios con concellos para converter terreos municipais en explotacións agrarias en réxime cooperativsta, e dar servizo de soporte técnico e formación para desenvolver unha agricultura menos dependente do petróleo.

 

A devandita EMSAC permitirá recuperar a riqueza agraria do campo galego que na actualidade se atopa totalmente infrautilizado, xerando un importante nicho de emprego que posibilitará a moitos cidadáns da Coruña acceder a un posto de traballo ao tempo que se reverte o insustentable fluxo migratorio do rural a gran cidade, modelo que se entoxa inviábel.

 

Así, o coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “semella fundamental aplicar políticas económicas locais que revertan a actual situación de abandono do agro. Nos tempos que vivimos no podemos permitirnos o luxo de abandonar a meirande riqueza galega, mentres máis do 12% da poboación atópase en situación de desemprego”.

Relacionados