O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda exise a Feijoo que loite polos traballadores dos Paradores Turísticos de Galicia.
Critican a pasividade do presidente da Xunta ante o novo golpe que están a sufrir os cidadáns do noso país. O Grupo presentará no Parlamento unha Proposición non de Lei para que a Xunta se faga cargo dos Paradores galegos xa que formar parte do Patrimonio cultural galego.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012.- O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda reuníuse hoxe cos representates dos comités de empresa de todos os Paradores Turisticos de Galiza para falar da grave situación á que se enfrentan tras o anuncio da empresa de pechar dous deles (Ferrol e Verín) e o peche parcial de os de San Estevo, Tui, Monforte e Vilaba e os despedimentos de traballadores e traballadoras nos de Baiona, Cambados, Pontevedra e Compostela o que supón un novo golpe ao emprego e a dinamización económica de áreas significativas do noso país, que xa se atopan inmersas en moi graves dificultades económicas, a causa da inútil política económica para saír da crise e que provoca consecuencias criminais na nosa poboación.
O Grupo Parlamentario ante a grave situación a que se enfrentan estes traballadores e traballadoras exisen ao presidente da Xunta que “de forma urxente” diga que é o que vai facer para tratar de manter estos postos de traballo. Unha vez máis Alternativa Galega de Esquerda ten que lamentar que a política exercida polo Sr. Feijoo lonxe de responder as nosas necesidades como cidadanía traballadora ven ditada manu militari pola troika comunitaria, expresión acabada dos intereses de clase das burguesías europeas.
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta de Galicia que asuma unha posición de defensa dos postos de traballo e dos nosos intereses sociais e económicos, que a medida da empresa pública Paradores de Turismo.
Ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia e a situación de indefensión á que se enfrenta estes traballadores, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentará unha Proposición non de lei no Parlamento instando ao Goberno galego a facerse cargo dos Paradores turísticos de Galiza como patrimonio cultural do noso país que son e garantindo así os postos de traballo.
Alternativa Galega de Esquerda anunciou así mesmo o apoio aos traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións e asistirá as diferentes manifestacións que teñen organizadas para os vindeiros días.





