Paralización torre eléctrica

Esquerda Unida esixe a paralización cautelar da instalación da torre eléctrica no camiño costa do castro por existir riscos para a saúde. Entendemos que debe primar o benestar das persoas, polo que se debe procurar doutras opcións, pois a súa instalación a escasos metros das vivendas traerá consigo a xeración de ondas electromagnéticas, sobre as que existen diversos estudos científicos que recomendan evitalas a consecuencia dos seus nocivos efectos para a saúde humana ao producir electropolución, tamén coñecida como Contaminación Electromagnética (CEM) que teñen vinculación directa coa aparición e desenvolvemento de tumores canceríxenos como establece o Comité Científico Director da Comisión Europea.

Xa no ano 2001, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro clasificou os campos magnéticos de frecuencia extremadamente baixa, que son os que emite nas torres de alta tensión, como posiblemente carcinoxénicos. Outros estudos  como os do Instituto Karolinska de Estocolmo advirten dun aumento do risco de leucemias nos rapaces, Tamén en 2005, o Grupo de Investigación sobre Cancro Infantil da Universidade de Oxford realizou un estudo sobre 29.081 rapaces con cancro (incluídos 9.700 con leucemia) que determinou un aumento significativo do risco de cancros en relación á distancia de liñas eléctricas

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local incumpre a resolución do Consello Europeo que esixe que se cumpran os principios de precaución e protección para a saúde pública. A devandita resolución con número 1815 de 27 de maio de 2011. Así, diferentes Estados europeos, no rego deste informe, promoveron reformas legais para reducir as emisións permitidas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta vergoñento observar como unha vez máis o goberno municipal obvia á veciñanza, nesta ocasión desatendendo as reclamacións presentadas polos afectados”. Apesares de que as veciñas e veciños da zona rexistraron dous escritos no Concello, en xuño e xullo, solicitando acceso á supervisión do proxecto que serviu de base para outorgar a oportuna licenza, suspensión cautelar das obras previstas ata que non quede probada a inocuidade das mesmas e por último un cambio de trazado da instalación prevista, de non quedar demostrados  os parámetros de inocuidade. O Concello, a día de hoxe, aínda non deu ningunha resposta a estes escritos.

Relacionados