Que lle dirías a Feijóo?

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) abre unha caixa de correo indignado para que a cidadanía achegue suxestións e críticas contra as políticas da troika e os seus mandados que, na Galiza, representa o señor Núñez. O obxectivo é continuar coa construción entre todas dun discurso de oposición frontal á desfeita comandada polo Partido Popular e expoñelo o vindeiro día 15 de outubro durante o debate do estado da nación no Parlamento de Galiza. Cando o señor Núñez encabeza a brigada de demolición que está a bater nas clases subalternas, na lingua e na cultura nacional, no xa escaso autogoberno, nos dereitos laborais e sociais conquistados ao longo de décadas de loita, no medio ambiente, no tecido produtivo, é preciso xuntar forzas.

A caixa de correo indignado permanecerá aberta deica o día 7 de outubro neste enderezo: http://alternativagalega.com/lle-queres-dicir-ao-senor-nunez/

 

 

Relacionados