O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este ano o goberno municipal recibirá carbón por pretender enganar á cidadanía, foi o PP quen non aceptou as nosas achegas e foi o PP quen utilizou o drama de desemprego de maneira partidista cando estaba na oposición, so hai que repasar as hemerotecas para observar os discursos populistas e demagóxicos tanto de Rajoy como de Negreira”.
Para César Santiso, as declaracións de Julio Flores semellan unha broma de mal gusto, “porque hai que ter cara para pedir colaboración a oposición, cando o PP negouse a dialogar coa oposición apesares do noso constante esforzo por acadar pactos que nos permitisen loitar contra o desemprego, aplicando medidas que promovan a reactivación económica e o benestar da veciñanza.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes leva os 18 meses de lexislatura demostrando a súa vontade de colaboración, mentres o goberno municipal amosase arrogante e impasible diante das 3312 novas persoas desempregadas durante o tempo que leva gobernado. Son multitude as propostas desenvolvidas por EU, até estamos a desenvolver os luns didácticos con propostas para cambiar o modelo produtivo, reactivar a economía e xear emprego.
Esquerda Unida pide un cambio de rumbo a o goberno local, logo dun ano e medio de inacción e un incremento do 17 % de desemprego na Coruña, apostando pola tecnoloxía, o coñecemento e a sustentabilidade. Para iso, xunto con políticas activas de emprego centradas en prácticas produtivas sustentábeis e economía verde que capacite ás persoas desempregadas, hai que desenvolver un Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) que promova a competitividade dos nosos autónomos, PEME e cooperativas para reactivar o tecido produtivo.
Por outra banda, semella fundamental que o Concello coordine co pequeno comercio e a hostalería un plan de turismo sustentable baseado en valores culturais, ecolóxicos e gastronómicos que mediante a definición e promoción de rutas fomente o consumo dos visitantes na nosa cidade. Xa que na actualidade o seu impacto económico é insignificante debido as nulas políticas neste sentido.