Paro e parálise municipal

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao goberno municipal a desenvolver medidas que reactiven a economía local para evitar que se incremente o desemprego como aconteceu durante o 2012 cun 9%, o que supuxo que preto de 2000 persoas engrosaron as listas do paro. Situación que no caso de non mudar as políticas municipais incrementarase de maneira alarmante no 2013, pois os orzamentos para este ano seguen afondando nos erros do ano anterior, así o PP inviste máis en festexos que en políticas de emprego ou utiliza máis cartos para campañas publicitarias e propaganda que para reactivar a economía. Como exemplo  destina tan só 180.000 € para apoiar a emprendedores durante todo o 2013, apesares de que autónomos, PEME e cooperativas son a base do noso tecido produtivo e os auténticos xeradores de emprego. E as partidas para turismo e economía non chegan a sumar uns exiguos 8 millóns dun total de 266 millóns orzamentados, destinando tan so 1,37 a políticas activas de emprego, apesares de ser o maior problema para a veciñanza, mentres que para festexos dedicou máis de tres millóns no 2012.

Esquerda Unida considera lamentable a actitude autocompracente do alcalde diante dos alarmantes datos do paro, como amosan as súas declaracións afirmando que “non debemos baixar a garda”. Algo inaudito cando de todos é coñecido o absoluto déficit en canto a políticas de reactivación económica e promoción do cambio de modelo produtivo local, como o propio voceiro do goberno recoñeceu en Pleno do concello diante dunha pregunta nosa.

Así, diante da inacción do goberno municipal, que queda patente no Pleno do vindeiro onde queda patente a parálise do goberno local onde non se convocou nin unha soa comisión informativa, xorden iniciativas privadas relacionadas coas políticas activas de emprego, baseadas en Responsabilidade Social Coorporativa, responsabilidade que este goberno semella non ter, como a anunciada en días pasados por Marineda City, iniciativa que saudamos pero que evidencian as eivas do Concello.

César Santiso, indicou que “si o goberno local carece de iniciativas, como está a demostrar nestes 20 meses de goberno, polo menos que estude as nosas e non as rexeite coa súa indiferenza como está a facer pois presentamos ducias de iniciativas, todas sen resposta”.

Finalmente Santiso salientou que “diante desta grave situación semella canalla intentar sacar réditos electorais, temos que sumar todos para loitar contra esta lacra social, levamos máis dun ano solicitando un pacto polo emprego e a recuperación económica local sen recibir resposta por parte do goberno municipal”.

 

Relacionados