Participación da mocidade

 

A área da mocidade de Esquerda Unida denuncia a falta de resposta logo de case dous meses da carta enviada ao Alcalde. A finais de agosto á Area da mocidade, a través dunha carta ao alcalde expresaba a necesidade de habilitar canles de participación xuvenil a través do Consello da Mocidade, organismo que tería que dar cabida a todas as organizacións e asociacións xuvenís e contar cunha dotación orzamentaria propia para poderse encargar de organizar actividades como o programa noite nova, actividades lúdico-culturais para a mocidade, ou incluso a parte xuvenil do calendario de festas da cidade. En definitiva as mozas e mozos de Esquerda Unida consideran necesaria incrementar a participación da xuventude no concello dun xeito máis participativo e directo. Neste sentido o coordinador do área, Jorge Crego, declaraba “as verbas de apoio a mocidade non deben quedar en papel mollado. Por iso o goberno local ten que apostar firmemente pola xuventude da Coruña, para o cal é fundamental a creación do consello da mocidade”.

 

En coincidencia coa área da mocidade, o grupo municipal de EU-V considera fundamental a creación do consello da mocidade para que a xuventude poida participar nas decisións que lles concirne como na polémica do botellón, xa que logo, demanda ao Goberno municipal un inmediato cambio de actitude, pois fai tan so uns días acaba de anunciar o programa de ocio xuvenil nocturnia desenvolvido de costas a mocidade e agora semella que pretende deixala de lado diante do debate do botellón.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP fala dun grande pacto en relación co botellón mais semella que exclúe a mocidade como o demostra o feito que nin tan sequera atendesen a solicitude de xuntanza para habilitar canles de participación”.

 

“Con todo, estou convencido de que quedariamos abraiados do compromiso da mocidade e da súa capacidade de autorganiación si lles concedemos a cota de participación que se merecen”, sentenciou César Santiso.

Relacionados