Pasamento de Paco Balón

Paco forma parte dese inmenso capital humano que saíu dos asteleiros ferrolanos para sacar a Galicia da “longa noite de pedra”.

A coordenadora nacional de EU, Yolanda Díaz, que compartíu con Paco Balón loitas e proxectos nos últimos anos, considerou hoxe que “Paco Balón fixo súa esa misiva de cambiar o mundo de base dende que entrou na escola de aprendices da Bazán e inmediatamente ingresou no PCE a mediados dos anos 50”  ingreso que se produxo como contaba o propio Paco Balón nas súas memorias publicadas por Edicións do Castro “por la experiencia adquirida por lo que había visto y vivido con las personas comprometidas en la lucha por la libertad, la justicia y la democracia,…eso me obligó a coger la bandera que ellos ya no podían tremolar”

Paco Balón foi figura indispensable da organización do PCE e posteriormente do PCG nos asteleiros públicos ferrolanos e na comarca de ferrolterra ademáis de xogar un papel esencial no aparato clandestino do PCG durante as folgas de 1972.

Militante do PCG e EU participou igualmente nas candidaturas e eleccións en Ferrol de xeito activo ate que o estado de saúde da súa muller permitiullo.

A executiva nacional de EU trasladará un pésame á súa familia e amigos en nome de tódolos homes e mulleres de EU.

Relacionados